‘Usa a Lingua’: cinco días de música e ideas para estender o galego na mocidade

Este ano, por mor da pandemia, o encontro farase vía instagram.

Universidade de Vigo (Foto Uvigo)
photo_camera Universidade de Vigo (Foto: Uvigo)

Usa a Lingua naceu hai 3 anos co obxectivo de “promover, normalizar, estender e fomentar” o uso do galego entre a mocidade. Unha iniciativa de Freshysweet, Axencia Junior de Publicidade, formada por alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. 

O encontro consiste nunha serie de charlas e concertos con nomes “coñecidos e relevantes na actualidade”. Por mor da pandemia, a cita, este ano levarase a cabo a través do Instagram de Usa a Lingua (@usaalingua), e será entre o 30 de Novembro e 4 de Decembro.

O actor e humorista David Amor  estará esta segunda feira ás 16.00 horas,  esta terza feira, 1 de dceembro, á mesma hora estará  Aí Falaches!. A cuarta feira srá a quenda de Patricia Hermida, manager de Heredeiros da Crus e Agoraphobia . Tras a conferencia de Patricia Hermida, ese mesmo día ás 19.00 horas contaremos con Dani Irimia, protagonista do último anuncio de Gadis. A quinta feira, 3 de decembro, ás 16.00 horas, estará Orgullo Galego. E, para rematar, a sexta feira concertos de The Rapants ás 18.00 e de Dakidarría ás 19.30 horas.

“Todos os participantes de este acto son de gran interese no campo da comunicación, música e cultura galega. Referentes en redes sociais, que teñen algo que dicir en prol da protección da nosa lingua.  Algunhas das preguntas que marcarán a liña temática son as seguintes: "Como reformularon comezar o seu proxecto en galego?" ou "Cal é a súa finalidade social dentro da comunidade?", sinalan os impulsores da iniciativa.

Ademais, cada día Usa a Lingua sorteará entre as persoas que acudan  a este evento online “unha bolsa sorpresa co deseño da campaña e produtos galegos no seu interior. De todas formas, aqueles que non a consigan, poderán ter a bolsa e as chapas do evento pasando pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación”.

Comentarios