Un documental en inglés reflicte a discriminación que sofre a lingua galega

'Galician Language: Pride and Survival', quere dar a coñecer a lingua galega internacionalmente. A súa directora, Molly Carr, recurriu a tópicos en voz de testimuñas cunha mensaxe final optimista.

'Lingua galega: o orgullo e a supervivencia' ('Galician Language: Pride and Survival') é un documental de dez minutos pensado para dar a coñecer a situación da lingua galega na actualidade contando, mesmo, con experiencias do pasado. Entre as persoas entrevistadas hai testimuñas de malos tratos físicos e psicolóxicos por empregar o galego en público na época da ditadura franquista e tamén situacións actuais de discriminación lingüística. O audiovisual realizouno Molly Carr con poucos medios e nel súmase ás reivindicacións da Plataforma Queremos Galego. A razón de estar en inglés, traducindo as intervencións das propias falantes, é para dar conta da situación cultural e lingüistica do país fóra. A mensaxe final é optimista: a lingua galega non desaparecerá pola teima das súa falantes.

Comentarios