sábado 19/09/20

Traballando na terra

Traballando na terra

arder a faz.- Ir queimando os terróns segundo os cavan.

Lugar de escoita.- Abadín.

Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira.

Outros apuntamentos.- Enviado desde o Centro de Día de Abadín.

chanco.- (Ademais de significados xa rexistrados) Ferramenta de campo que serve para facer furados.

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Santiago López Liñares./CIP O Cruce de Cerceda.

froncia.- Variante de fronza, folla miúda, pequena rama de xesta ou planta semellante.

Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada) e Terra de Montes.

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

Outros apuntamentos.- Centro de Día de Rois.

lampo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Fouciño.

Lugar de escoita.- A Barqueira (Cerdido).

Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro (X. Ortigueira).

Outros apuntamentos.- Sinala a fonte que na parte más antiga da parroquia d'A Barqueira había unha vella que facía abarcas con base de coiro e amallós para amarrar á perna e que sexa talvez este oficio a orixe do topónimo.

puxa.- (Ademais de significados xa rexistrados) Argana e gran triturado que queda trala malla.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

restrebeirar.- Sinónimo de restrebar. Xuntar os restos de herba seca, trigo, etc.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Toño Núñez.

zanicoto.- (Ademais de significados xa rexistrados) Terrón de gran tamaño que se encontra ao cavar.

Lugar de escoita.- Ortigueira.

Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira.

Outros apuntamentos.- Enviado desde o Centro de Día de Abadín.

comentarios