E ti, por que vas ir á manifestación do 17M?

Colectivos e persoas gravan vídeos animando a participar na manifestación que convoca Queremos Galego polo Día das Letras Galegas.

Queremos galego
photo_camera Queremos galego

Escritores, mestres, músicos, representantes de ANPAs, de colectivos ambientalistas, ou asociacións veciñais... gravando vídeos nos que explican os motivos e argumentos polos que van ir á manifestación do 17 de Maio e animando a participar nesa mobilización. É unha iniciativa que se pode ver nas redes sociais e na que están a tomar parte desde xente do mundo da cultura até do eido do asociacionismo ou ben simples persoas a título individual, unidos para lograr que a manifestación de Queremos Galego sexa masiva.

Diego Ameixieras, Marta Dacosta, Mercedes Queixas, a Universidade Popular de Corcubión, a plataforma pola defensa de Bergantiños, Asociación Raigañas, a asociación Senda Nova... son algúns dos protagonistas destes vídeos gravados por eles propios e de en torno a un minuto de duración

Até o propio 17M se poderán enviar vídeos. De feito, nestes días vanse colgar na plataforma de Queremos Galego en Youtube novos traballos que están a recibir.

Comentarios