Só 21% da docencia na USC se imparte en galego

O español é o idioma con abafante maioría na Universidade de Santiago: máis de 75%.

Claustro de Fonseca, en Compostela (Universidade de Santiago de Compostela).
photo_camera Claustro de Fonseca, USC

75-21-4. Así resumen desde O Cartafol, boletín de normalización lingüística da USC, a situación do uso das linguas oficiais na docencia de todas as titulacións da Universidade de Compostela. Unha realidade, apontan, que debuxa unha situación pouco equilibrada, que se resume, nestas tres cifras: 74,78% das 447.477 horas docentes impártense en castelán; 21,04%, en galego,  e en idiomas estranxeiros, 4,18%: o inglés, con 2,37%, é o máis utilizado, e por detrás francés, alemán, portugués, italiano e catalán.

Os datos varían segundo a tipoloxía de titulacións. Nos graos (408.213 horas docentes) as cifras son moi semellantes ás anteditas: 75,71%-20,07%-4,21%, para o castelán, o galego e os restantes idiomas, respectivamente. Pola súa banda, o conxunto dos mestrados (38.694 horas docentes) resulta un pouco máis equilibrado no uso das linguas oficiais: un 64,61% para o castelán, 31,59% o galego e 3,79% para os demais idiomas.

Ao debullar os datos polas 56 titulacións de graoos máis castelanizados lingüísticamente son un grupo importante de Ciencias da Saúde (Medicina, Enfermaría, Odontoloxía, Farmacia e Nutrición), ademais de Relacións Laborais de Santiago, Bioloxía e Filoloxía Clásica, todas por riba do 90% de docencia en castelán. Por riba de 90% de docencia en galego, só dúas: Lingua e Literatura Galegas e Comunicación Audiovisual.

Comentarios