martes 09/03/21

O Sergas engade o galego nas mensaxes das PCR... cunha gralla

Moitas persoas denunciaran recentemente a exclusión do galego deste servizo.
Mensaxe do Sergas co pronome mal colocado (Foto: Cedida).
Mensaxe do Sergas co pronome mal colocado (Foto: Cedida).

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fora obxecto de críticas recentemente por non incluír a lingua galega nas mensaxes SMS que reciben as persoas sometidas a unha PCR e, pola contra, empregar o castelán e o inglés.

Agora o Sergas sumou o galego á distribución destas notificacións que indican se unha proba da Covid foi positiva ou negativa, mais cunha grave gralla no seu contido.

"Se informa que a proba realizada ao paciente con CIP [...] no día 2021-02-02 ten resultado negativo", expón o texto.

Resulta evidente a errónea colocación do pronome que encabeza a frase, que debería ter unha construción enclítica: "Infórmase".

A lingua galega segue sen ser unha prioridade para o Sergas.

comentarios