A Semente tamén agroma en Trasancos

A escola de ensino galego abre esta segunda feira as súas portas en Narón para comerzar as actividades coas crianzas, uníndose así ás iniciativas existentes en Compostela e Vigo.

semente trasancos

Após meses de asembleas, traballos, campañas, esforzos e compromiso, a Semente de Trasancos abre esta segunda feira as súas portas, dando comezo ás actividades coas crianzas. Un éxito da iniciativa popular por un ensino galego que exemplifica a Semente e que coa de Narón xa suma tres escolas en marcha: Compostela e Vigo.

Ubicada no antiguo CRA (Colexio Rural Agrupado) de San Mateu, consta de 2 aulas, un espazo gastronómico, baños, amplo espazo para xogar e, dentro de pouco, mesmo unha hortiña. Un logro para xogar e aprender en galego que se materializa após, como recoñecen desde Semente, dous anos e medio de traballo de “formiguinhas” por parte de soci@s, colaboradores, amizades...

Abre as portas a Semente de Trasancos e mantense a campaña '10.000 euros para a nossa semente', unha iniciativa para obter fondos para esta iniciativa que xa está a dar os seus primeiros pasos.

Comentarios