Segunda, terza... feiras, formas de noso

Veciñas e veciños de Bergantiños de máis de sesenta anos non tardan en mostrar que as formas tradicionais de lle chamar aos días son segunda, terza, cuarta/corta, quinta ou sexta feiras. A MNL de Bertantiños elaborou un vídeo para promover o uso das nosas formas tradicionais. Video no Interior.

video feiras
photo_camera video feiras

Chucha de Sofán, Sinda de Torás ou Amelia Soutullo de A Laracha bótanse a falar e, de seguida, explican como xa lle sentían a nais ou avós as maneiras tradicionais e populares de lle chamar aos días da semana. Con este vídeo, baseado na conversa coa veciñanza de maior idade, a MNL de Bergantiños mostra como as formas segunda, terza, cuarta/corta, quinta ou sexta feira son maneiras de noso de lle chamar aos días, formas tradicionais que se perderon maiormente no ámbito urbano. 

A MNL convida a usar as formas tradicionais e xenuinas de chamar os días da semana para usar un "galego máis noso". A Gentalha do Pichel botara a andar tamén unha campaña no mesmo sentido, recoñecendo o uso habitual destas formas non hai tanto tempo. 

Comentarios