luns 06/12/21

A Mesa informa que o Concello de Santiago votará esta quinta feira, por unanimidade, a moción Xabarín 2.0. pola defensa do galego na Lei do Audiovisual que se está a debater no Estado. Unha vez aprobado, o texto será remitido á Secretaría de Estado de telecomunicacións, instándoa a que a nova Lei de Comunicación Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións nas canles de televisión liñais e baixo demanda.

A moción tamén considera remitirse á dirección de RTVE, para que emita todos os seus contidos en versión dobrada ao galego, nomeadamente na canle infantil e xuvenil, cumprindo así o seu propio mandato marco.

Santiago de Compostela, explica A Mesa,a será o primeiro concello en debater e aprobar por unanimidade esta moción, que será presentada e debatida en todos os concellos galegos.

A Mesa convoca unha concentración no Obradoiro esta quinta feira, 28 de outubro, ás 17 horas para apoiar a moción de refrendo local da iniciativa -aprobada por unanimidade no Parlamento galego o 12 de maio e ratificada polas forzas políticas o 29 de setembro- e advirte que se presentarán outras 313 no resto de Galiza.

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración no Obradoiro esta quinta feira, 28 de outubro, ás 17 horas para apoiar a moción de refrendo local da iniciativa

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, advirte que "é da máxima relevancia para o futuro da lingua galega" que a nova Lei do Audiovisual inclúa a demanda unánime do Parlamento Galego e as alegacións presentadas pola entidade de defensa da lingua, baseadas neste acordo parlamentar.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

"Cómpre actuar nun dos ámbitos onde a situación de exclusión da nosa lingua é máis evidente", recorda, "e que, ao tempo, é un dos máis empregados polo público en xeral e pola mocidade e pola infancia e particular". "Estes dous elementos converxen nun sector como audiovisual galego de calidade demostrada e gran capacidade para contribuír ao desenvolvemento cultural e económico do noso país", conclúe Maceira.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recorda que dos 25.872 títulos entre series e filmes dispoñíbeis nas principais plataformas de televisión, practicamente todos contan con versión orixinal ou dobrada ao español e lexendado en español ou inglés pero só 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou lexendada á nosa lingua.

Santiago abre a billa para o apoio dos concellos galegos a máis galego no audiovisual
comentarios