Refuxiado, elixida palabra do ano

Feminicidio e rechouchío eran outras dúas opcións de entre 170 na iniciativa do Portal das palabras.

[Imaxe: ACNUR] refuxiados
photo_camera [Imaxe: ACNUR]

Con 417 votos a palabra elixida como máis significativa do 2015 foi refuxiado. Así o decidiu através dunha votación telemática através do Portal das palabras da que fixeron parte por volta de 1700 persoas. 

"Refuxiado impúxose na fase de votación ás outras cinco finalistas –feminicidio, rechouchío, indignación, xihadismo e plebiscitario–, as máis populares de entre as 170 que se xuntaron na primeira fase de propostas", sinalan. 

"A chamada “crise dos refuxiados” detentou o interese informativo e circularon imaxes que provocaron un grande impacto na conciencia social, ao tempo que se publicaban milleiros de textos, noticias e comentarios sobre o tema, facendo de refuxiado unha palabra clave e de máxima actualidade neste 2015", acrecentan desde o Portal das Palabras. 

En segundo lugar, feminicidio ficou en segunda posición "con apenas 12 votos de diferenza". Un termo, afirman, "creado ad hoc como reflexo dunha situación alarmante no relativo á violencia de xénero" que non foi recollido polo Dicionario da Academia Galega mais que fai parte do vocabulario xurídico latinoamericano desde hai perto dunha década após ter sido acuñado por Diana Russel (femicide) na década dos '70. 

Comentarios