Medios en Galego reclaman no Parlamento ‘’transparencia’’ no reparto de axudas públicas e publicidade aos medios de comunicación

Amega, apoiada por BNG e AGE, presentou unha proposta de lei para clarificar o reparto deste tipo de fondos nos medios de comunicación.

asociacionmediosengalego

Unha representación de Amega (Asociación de Medios en galego) presentou nesta cuarta feira no Parlamento a súa proposta de Lei de Publicidade Institucional de Galiza. A asociación afirma que quere “protexer, cultivar, difundir e socializar o idioma galego. E facelo resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua. Para iso reclamamos transparencia no reparto das axudas públicas e da publicidade aos medios de comunicación”

Amega considera que “Aacidadanía reclama e comprende o valor do pluralismo para unha maior calidade da democracia. Proclamámonos medios defensores dos servizos públicos, da sanidade, educación, servizos sociais como elementos de cohesión e avance da sociedade”. Na presentación a delegación de Amega estivoa compada por Francisco Jorquera (BNG) e Yolanda Díaz (AGE).

A Asociación de Medios en Galego está formada por A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Crónica 3, Praza Pública, Que pasa na costa, Sermos Galiza, Tempos Novos, Terra Cha Xa, Valmiñor.info e as máis de vinte e cinco emisoras de radio locais integrada na rede de Emisoras Municipais Galegas.

Comentarios