luns 25.05.2020

Radio Picariña: máis de 1000 cancións en galego para nenas e mozas

Joao Afonso, Caxade, Chuches Amil e Sara Vidal, entre as novas incorporacións a esta canle dixital de música.

[Imaxe: cedida] Alonso Caxade
[Imaxe: cedida] Alonso Caxade

Radio Picariña, a primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega, engade desde esta semana cen novas cancións ás súas ondas para seguir conectando co público infantil e mozo.

A piques de facer dous anos e integrada na marca Xabarín Club da CRTVG, a Radio Picariña ten dispoñíbeis máis de mil cancións en lingua galega. 

Os autores dos novos temas que se inclúen son, entre outros, Fofó, Chuches Amil, Mamá Cabra, Joao Afonso, Alonso Caxade e Sara Vidal.

Esta canle dixital da Radio Galega ofrécelles ás usuarias e usuarios a posibilidade de seleccionar a música que desexen escoitar navegando por toda a listaxe de cancións. Isto pode facerse desde o PC ou desde os dispositivos móbiles, xa que Radio Picariña pode escoitarse en radiogalega.gal, na aplicación CRTVG e en RadioPlayer España.


 

comentarios