PuntoGal reinicia o curso ofertando dominios web a prezos especiais

A empresa, que xa conta con 5.400 dominios rexistrados, manterá activa a promoción entre o 1 e o 30 de setembro. O ".gal" pode saír só por 10 euros máis IVE. As e os interesados poden obter máis información na web de PuntoGal.
Detalle da ilustración principal da campaña de PuntoGal para o mes de setembro.
photo_camera Imaxe promocional da web de PuntoGal (Foto: PuntoGal)

PuntoGal comeza o mes de setembro cunha rebaixa de prezos moi interesante para aquelas empresas ou persoas que queiran facerse cun novo dominio. As e os interesados en obter o seu “.gal” pagarán un prezo máximo de 10 euros máis o IVE. Malia que esta promoción terá vixencia durante todo o mes, é recomendábel apurar para non ficar sen o nome completo que queren.

Un requisito para aproveitar esta oferta é dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, DonDominio, Blacknight, Openprovider, Entornio Digital, Arsys e OVH.com. Estas teñen distintas políticas de prezos e servizos con dominios novos. PuntoGal recomenda elixir un plan que se adapte a cadaquén e así o aclara na páxina web www.dominio.gal/promocions/.

Quen aproveite para mercar o seu “.gal” sumarase a unha familia que xa supera os 5.400 dominios rexistrados. Ademais, a compañía segue a traballar para gañar visibilidade para todas as persoas, institucións, asociacións ou negocios que quixeron amosar o seu apoio á comunidade galega desta maneira.

A nova campaña vén complementar outras iniciativas como #AbreNaRede, que facilitou un dominio e un aloxamento de balde a negocios ou artistas confinados, ou o concurso Vinte con outros ollos, recordando as vantaxes e oportunidades de apostar polas redes.

Segundo fontes de PuntoGal, o dominio mantén o seu programa corporativo de axuda a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC na Galiza. Entre as actividades xa realizadas atópase a colaboración coa localización en galego do navegador Firefox ou o concurso de microrrelatos da Real Academia Galega (RAG).

Comentarios