Profesorado de lingua galega poderá acceder a formación en portugués

Após a reclamación da CIG-Ensino, Educación recolle a participación do profesorado de lingua galega nos cursos PIALE.  Máis un paso para dar cumprimento ao previsto na Lei Paz Andrade, aprobada por unanimidade no Parlamento da Galiza.

Concentracion da CIG Ensino diante da Consellería
photo_camera Imaxe dun protetso de CIG-Ensino

O profesorado de lingua galega poderá acceder a formación en portugués. Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino, lembra que o sindicato nacionalista reclamou “ano tras ano que se modificase a Orde de xeito que se permitise o acceso do profesorado de galego a estes cursos, pois ten a titulación e a formación axeitada para impartir a materia. Desfaise unha inxustiza, porque este profesorado é o que está a impartir a materia de portugués até agora e, porén, non se lle permitía acceder á formación nesta lingua, o que non tiña ningún tipo de xustificación”

Por outro lado, a Consellaría incrementou a oferta de prazas para formarse en portugués, de acordo tamén co que pedirá CIG-Ensino, quen insistía na necesidade deste incremento para dar cumprimento á Lei Paz Andrade aprobada por unanimidade no Parlamento galego.

Con todo, a CIG-Ensino volveu manifestar o seu desacordo cunha formación en linguas que a Consellaría utiliza como i”nstrumento para potenciar os centros plurilingües e as seccións bilingües, dentro do seu deseño de potenciar a lingua inglesa en detrimento da nosa linguas propia”.

Comentarios