A presidenta do Senado interrompe a Yolanda Díaz por falar en galego na Cámara

“Non está prevista a intervención en linguas distintas do castelán, agás en mocións”, díxolle Paula Llop á ministra de Traballo.

A ministra de Traballo e dirixente de Unidas Podemos, Yolanda Díaz (Imaxe: Pool / Europa Press)
photo_camera A ministra de Traballo e dirixente de Unidas Podemos, Yolanda Díaz (Imaxe: Pool / Europa Press)

“Grazas pola pregunta. Vostede sabe que carezo de competencias no Ministerio de Traballo...”. Así, en galego, iniciaba Yolanda Díaz a súa resposta no Senado a unha pregunta do tamén galego Barreiro Fernández (PP). Mais non puido concluír a resposta.

Díaz Foi interrompida por Pilar Llop, que lle lembrou que non estaba prevista a intervención en linguas diferentes ao castelán.

“Señora ministra, desculpe que lle interrompa. Non está prevista a intervención en linguas distintas do castelán, agás en mocións”, díxolle Llop.

“De acordo, grazas”, respondeu entón a ministra de Traballo.

O uso das linguas cooficiais no Senado está regulado a través dunha serie de artigos no seu regulamento e que se resumen na disposición adicional quinta. Así, poderase empregar o galego nas intervención que teñan lugar no Pleno con ocasión de debate de mocións, na presentación de escritos no Rexistro da Cámara por parte de senadores ou senadoras; ou na primeira intervención do presidente do Senado ante o Pleno; entre outras.

Comentarios