O premio Manuel Beiras recoñece o emprego do galego na empresa

O Concello deCompostela e a Cámara de Comercio convocan o premio que lembra a figura do defensor da lingua Manuel Beiras.
Premios manuel beiras

A Cámara de Comercio de Compostela e o Concello da capital galega convocan o premio Manuel Beiras para recoñecer o esforzo das empresas na normalización do emprego do galego. O galardón serve tamén para render homenaxe á figura do comerciante e defensor da lingua e a cultura galega compostelán. 

O premio está destinado ás persoas ou entidades radicadas no concello de ompostela que veñan realizando un uso continuado da lingua galega ou ben que se incorporasen recentemente ao emprego do galego. 

Segundo sinalan as súas bases, tamén poderá outorgarse unha distinción especial a unha persoa ou entidade que destacase pola súa contribución á normalización da lingua, pola súa labor de promoción do idioma, difusión ou por algún outro apoio significativo a este proceso. 

Comentarios