PROGRAMA ELECTORAL 28-A

O PP propón prohibir que se requira o galego para acceder a un emprego público en Galiza

A proposta figura no programa electoral do Partido Popular para as Xerais, avanzado por El Mundo. O Partido Popular promete unha lei para acabar coa discriminación que, afirma, sofre o “castelán”.

pablo casado fGZ

O PP incluirá no seu programa electoral unha lei orgánica para blindar e protexer o español como lingua oficial do Estado español e prohibir que as linguas cooficiais (galego, catalán e euskera) sexan un requisito indispensábel á hora de acceder a un emprego público. Sería, en todo caso, simplemente un mérito. Así o avanza esta quinta feira o xornal ‘El Mundo’, que accedeu ao programa electoral que o PP elabora para as eleccións do 28 de abril.

Nesta liña, o PP quere acabar coa “discriminación” que afirma que existe para co castelán en Catalunya, Euskadi, Galiza, Valencia e Balears. Pablo Casado quer, indica o xornal madrileño, que o español sexa lingua vehicular non só no ensino mais tamén na administración.

Entre as medidas propostas no programa figura, por exemplo, que a sinalización de tráfico, paneis e placas urbanas e interurbanas estean en castelán. 

Comentarios