PP emenda o regulamento das escolas infantís municipais da Coruña por “impoñer o galego”

O galego é a lingua vehicular.

P_Entidad_1442860476097_800_800_U_19e8fd451d87d8f795aa275c423461
photo_camera Escola infantil A Caracola

Hai dous días Ciudadanos expresaba no transcurso dunha comisión do Concello da Coruña as súas dúbidas sobre que o galego fose a lingua vehicular nas escolas infantís municipais da Coruña.

Agora, o PP vai un paso máis alá e presenta unha emenda contra o novo regulamento das escolas infantís por entender que, textualmente, “impone el gallego”.

O Partido Popular considera que ao fixar o galego como vehcular se está a “conculcar” o dereito dos nenos e nenas de 0 a 3 anos que estudan nesas escolas a recibir a súa “primeira formación” na lingua materna.

Na Coruña hai 9 escolas infantís municipais. O acordo entre PSOE e Marea Atlántica fxaba que ara o vindeiro curso, 2020-2021, a educación de 0 a 3 anos será de balde e co galego como lingua vehicular.

O fomento da igualdade, a alimentación saudábel con productos de proxidade ou a sostibilidade ambiental eran outros puntos dese acordo.

Un informe de 2014 da Mesa pola Normalización Lingüística alertaba da situación do galego entre os tramos máis novos da poboación e nomeadamente nas cidades. Só un 2,42 dos centros de Educación Infantil na Galiza declara que desenvolven a súa actividade  maioritariamente en galego

Comentarios