Piden 46 anos de prisión para 12 galeg@s que se mobilizaron contra Galicia Bilingüe

A vindeira semana comezará un xuizo contra 12 persoas acusadas de supostos delitos de desorde pública e resistencia á autoridade durante as mobilizacións contra a manifestación de Galicia Bilingüe. Representantes d@s acusad@s compareceron, apoiados por Bieito Lobeira, deputado do BNG, Cristina Amor, de AGE, e membros de Causa Galiza para denunciaren o "carácter político" deste xuizo.
aurelio

En febreiro de 2009 Galicia Bilingüe convocou unha manifestación en Compostela "contra la imposición del gallego", unha marcha que, nutrida de autobuses fletados desde puntos tan dispares como Madrid ou Salamanca, contou coa presenza de significados rostros do PP (Rueda), UPyD (Rosa Díez) e outros non tan coñecidos, mais primeiros espadas de organizacións como a Falange.

Como resposta a este acto de Galicia Bilingüe sucedéronse nesa xornada unha serie de actos e protestas nas que foron detidas varias persoas. Doce delas enfrontan a vindeira semana un xuízo nos que a fiscalía solicita no seu conxunto penas de perto de 46 anos de prisión. Unha representación d@s imputad@s compareceu nesta quinta feira ante os medios de comunicación para dar a coñecer a súa situación. Na comparecencia estiveron presentes, tamén, o deputado do BNG Bieito Lobeira e a representante de Alternativa Galega de Esquerdas, Cristina Amor, para alén de contar @s encausad@s co apoio de diferentes colectivos e entidades.

Apoio da sociedade

Tres dos acusados incidiron na cantidade de anos de prisión solicitados pola Fiscalía, apuntando a que hai persoas imputadas que nen sequera foron detidas naquela xornada. Nas protestas contra o que calificaron de "manifestación do odio" tomaron parte centos de persoas, sendo obxecto de duras cargas dos antidisturbios, mentres a manifestación de Galicia Bilingüe (na que houbo mesmo insultos contra @s galegofalantes transcurriu amparada polas forzas de seguridade)

Identificacións da policía por falar galego

Un dos encausados, Aurelio López, lembrou que nesa xornada a policía procedía a parar e identificar a persoas simplemente "por falar galego". Os encausados consideran que o xuizo ao que van ser sometidos a vindeira semana é "político", de aí que demanden o apoio da sociedade galega.

Outro dos imputados, Joam Peres, lembrou que este xuizo realízase, ademáis, nun contexto de importantes agresións e retroceso do idioma galego por mor das medidas e políticas institucionais.

Pola súa banda, Bieiro Lobeira amousou a solidariedade do BNG cos encausados e considera que hai unha xudicialización do que "en rigor é un conflicto poítico".

Comentarios