Palabras con memoria: lingua en movemento

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
'Dobla' é unha forma de referirse á paga extra. (Foto: Nós Diario)
photo_camera 'Dobla' é unha forma de referirse á paga extra. (Foto: Nós Diario)

asequeirado.- Dicíase de quen tiña un sequeiro ou apañaba o terzo.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

dobla.- (Ademais de significados xa rexistrados) Paga extra.
Exemplo.- “Os vellos teñen medo porque pensan que lles van quitar as doblas.”
Lugar de escoita.- Becerreá e arredores.
Fonte.- Andrés Lombardía Crespo.

esbollegar.- Moverse moito (arrastrándose).
Lugar de escoita.- Boal (Asturies).
Fonte.- Begoña Macero.

fuliqueiro/a.- Persoa disfrazada de calquera maneira, coa cara cuberta cun trapo ou careta e roupa vella. Tamén se aplica á persoa que anda mal vestida.
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Indeterminada.

pela.- (Ademais doutros significados) Cazapelo.
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Toño Núñez.

Comentarios