Palabras con memoria: agra lingüística

Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Ir co rancho é saír ao monte unha única persoa de cada casa coas ovellas e cabras de toda a veciñanza xuntas nun único rabaño. (Foto: Stefano)
photo_camera Ir co rancho é saír ao monte unha única persoa de cada casa coas ovellas e cabras de toda a veciñanza xuntas nun único rabaño. (Foto: Stefano)

carrameixa.- Arbusto da familia da carrasca con flor amarela.
Exemplo.- “Á beira do camiño hai carrameixas e toxos.”
Lugar de escoita.- Coruxo (Vigo) e Panxón (Nigrán).
Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.
Outros apuntamentos.- Palabras achegadas polo alumno Alejandro Alves Peláez, do CPR Ángel de la Guarda (Nigrán, Pontevedra).

enganda.- Rosca que sobe e baixa unha canaleta segundo queiramos que caia o gran.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Sheila Liste García/CIP O Cruce de Cerceda.

ir co rancho.- Acción de saír ao monte unha única persoa de cada casa coas ovellas e cabras de toda a veciñanza xuntas nun único rabaño. As veciñas e veciños turnábanse por días/semanas para este traballo.
Exemplo.- “Para a semana, tócalles ir co rancho aos do Rubio.”
Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).
Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.

molle.- (Ademais de significados xa rexistrados) Atado grande (de rama de millo, por exemplo).
Lugar de escoita.- Belesar (Baiona).
Fonte.- Noa Pérez.
Outros apuntamentos.- Alumna de 3º da ESO do CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda en Nigrán.

patucos de palla.- Palleiros.
Lugar de escoita.- Camelle.
Fonte.- Sofía.
Outros apuntamentos.- Centro de Día de Rois

Comentarios