Palabras con memoria: palabras diversas

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
O alzadeiro é o escurridoiro onde secan os pratos. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O alzadeiro é o escurridoiro onde secan os pratos. (Foto: Nós Diario)

alzadeiro.- (Ademais de significados rexistrados) Escorredoiro, normalmente metálico, no que se colocan os pratos para que sequen. Adoita ter unha bandexiña debaixo para recoller a auga sobrante.
Lugar de escoita.- Bembibre (Val do Dubra).
Fonte.- Hortensia Vázquez Fraga.

apear.- (Ademais de significados xa coñecidos) Peza de coiro curtido que unía as cangallas do xugo por debaixo da gorxa do animal. Alí tamén se amarraban as campaíñas que  ían soando cando os animais tiraban do carro.
Lugar de escoita.- Carbeiral - Bardaos (San Sadurniño).
Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro (X. Ortigueira).

carranca.- (Ademais de significados xa rexistrados) Aparello feito con paus unidos por táboas que se pon na parte dianteira do carro.
Lugar de escoita.- O Páramo (Lugo).
Fonte.- Suzana do Páramo.

espurridelo.- Parte dianteira do carro.
Lugar de escoita.- Seoane (Monforte de Lemos).
Fonte.- Paz Rodríguez López.
Outros apuntamentos.- Enviado desde o Centro de Día Vida (Monforte).

timucela.- Peza de madeira para enganchar unha parella de bois ou vacas.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

tranca.- (Ademais de significados xa rexistrados) Pega, traba, solta.
Exemplo.- “Púxolle á besta unha tranca.”
Lugar de escoita.- Aldariz (Lousame).
Fonte.- CPI de Lousame.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios