LINGUA

Palabras con memoria: linguaxe íntima

Palabras con memoria: linguaxe íntima

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
En Aldán a menstruación coñécese tamén como pirica. (Foto: Nós Diario)
photo_camera En Aldán a menstruación coñécese tamén como pirica. (Foto: Nós Diario)

arrieiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Menstruación das mulleres.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

lapaceira.- (Ademais de significados xa rexistrados) Regra das mulleres.

Lugar de escoita.- Ferreirós de Arriba (O Courel).

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

mincha.- (Ademais de significados xa rexistrados) Vulva, parte externa do aparello reprodutor feminino.

Lugar de escoita.- Corme.

Fonte.- Vocabulario cormelán.

Outros apuntamentos.- Asociación Veciñal de Corme. Usada correntemente en Corme, pero en especial por Tío Chuco, que lle dicía ás mulleres cando levantaban a saia para descargar a sardiña na praia: "Váiseche ver a mincha". Daí lle quedou o de Tío Mincho a el e Mincholos aos netos.

pirica.- Menstruación.

Lugar de escoita.- Aldán (Cangas do Morrazo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

pirucho.- Forma coloquial de nomear o órgano xenital feminino.

Lugar de escoita.- O Incio.

Fonte.- Xoán Manuel Pérez Fernández.

xícara.- Órgano xenital feminino, vulva.

Lugar de escoita.- Vilapedre (Terra Cha).

Fonte.- P. G. G.

comentarios