Palabras con memoria: arando na memoria da lingua

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Un agricultor traballa a terra co arado tradicional (Foto: Nós Diario).
photo_camera Un agricultor traballa a terra co arado tradicional.

chumazo.- Coxinete de madeira do carro do país.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

estorbada.- (Ampliación de significado xa rexistrado) Sistema de transporte manual de grandes pedras que usan os canteiros. Consiste nun pau groso ao que vai amarrada unha corda que na outra punta leva atado un extremo da pedra. O pau úsase como se fose un xugo.

Lugar de escoita.- Os Ancares lugueses.

Fonte.- Marcos Seixo.

Outros apuntamentos.- A fonte indica que aínda que esta técnica está prohibida pola lexislación laboral dado que o esforzo é brutal e o seu uso ten deixado eivado a máis dunha persoa, cónstalle que se segue a usar ocasionalmente.

fuñete.- Peza de madeira cravado debaixo das chedas para amarrar as cordas que terman da carga. Torno.

Lugar de escoita.- Baiona.

Fonte.- Informante do Centro de Día de Baiona.

mourón.- Pao no que se asenta o carro.

Lugar de escoita.- Páramo (Lugo).

Fonte.- Suzana do Páramo.

sulimo.- Pao co que as vacas tiran da grade.

Lugar de escoita.- Terra Chá.

Fonte.- Suzana do Páramo.

umeso.- Nome que recibe o arado de madeira.

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Rocío Calviño Montes./CPI O Cruce de Cerceda.

Comentarios