Palabras con memoria: nutrición permanente

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Filloces é a forma coa que se coñecen as filloas en Gondomar (Foto: Nós Diario).
photo_camera Filloces é a forma coa que se coñecen as filloas en Gondomar (Foto: Nós Diario).

cocichar.- Cocer algo de máis.

Exemplo.- “Cocicháronseche as patacas.”

Lugar de escoita.- Boiro.

Fonte.- Alumnado do CEIP Praia Xardín (recompilado polo EDLG do Centro).

esgorichar.- Verbo cun significado semellante a gorentar.

Exemplo.- "Sabe que esgoricha."

Lugar de escoita.- Carnota.

Fonte.- Miguel Ángel Pérez Álvarez.

filloces.- Forma de dicir filloas.

Exemplo.- “Por riba de mel filloces.”

Lugar de escoita.- Peitieiros - Gondomar.

Fonte.- Marta Dacosta.

Outros apuntamentos.- A fonte apunta que a palabra sempre é usada en plural.

gruños.- (Ademais de variante de abruños) En sentido figurado "comer gruños" é comer algo inexistente.

Lugar de escoita.- Sarria.

Fonte.- Xulio López Valcárcel.

manghelo.- Pan.

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Begoña Parafita Dubra/CPI O Cruce de Cerceda.

marrucho.- Sinónimo de freixó (ou filloa).

Lugar de escoita.- San Pedro da Ramallosa (Nigrán).

Fonte.- Manuel Bragado no seu blog.

Comentarios