Palabras con memoria: grandes ou pequenas, todas as persoas son

Un grupo de persoas nunha terraza dun bar na Coruña, onde en exteriores a capacidade está a 100% na actualidade.

froumas (ser un/ha).- Dise de quen é débil ou fraco/a.

Exemplo.- “Vai de aí, que es un froumas e non dás turrado con xeito.”

Lugar de escoita.- Escudeiros - Ramirás (Ourense).

Fonte.- Xoán Carlos Domínguez Alberte.

machuchón/ona.- Groso/a, gordo/a.

Lugar de escoita.- O Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego.

mircia.- Ruín ou pequena (referido a unha persoa).

Lugar de escoita.- A zona de Amoeiro (Ourense).

Fonte.- Carlos Manuel Gómez Bóveda.

potexo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Persoa grosa, con sobrepeso.

Lugar de escoita.- Na zona de Altamira, unha aldea da Coruña.

Fonte.- Lucía Ferreiro Varela.

sorodo/a.- Persoa delgada, miúda, serodo/a.

Lugar de escoita.- Zona de Fonsagrada-Navia de Suarna.

Fonte.- Daniel Pando/ENDL Navia de Suarna.

trinquete (coma un).- Aplícase esta comparación a unha moza ou a un mozo moi guapos.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

Comentarios