Palabras con memoria: linguaxes corporais

Pernas

canouras (2).- (Ademais de significados xa rexistrados) Pernas fracas, en especial as das mulleres.

Exemplo.- “Ten unhas canouras que parecen paus.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Xosé Carballo Brión e Xesús Ferro Ruibal.

Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

chiba.- (Ademais de significados xa rexistrados) Perilla, xena, barba.

Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

engorrea.- Engurra.

Exemplo.- “Parece máis nova do que é; se non fosen as engorreas.”

Lugar de escoita.- Cesar (Sarria).

Fonte.- María Xosé López Castro.

Outros apuntamentos.- A fonte indica que así o dicía a súa avoa.

parda.- (Ademais de significados xa rexistrados) Vulva.

Exemplo.- “Vai rañar a parda.”

Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

parromeiro.- Órgano sexual masculino.

Exemplo.- “Non se lle ergue o parromeiro.”

Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

soligras.- Cóxegas.

Lugar de escoita.- Ferrolterra.

Fonte.- Henrique Dacosta.

Comentarios