Palabras con memoria: enfermidades e accidentes sempre hai

Colapso urxencias. Asociacion de pacientes e usuarios do CHUS

desxabatar.- Arrincar un pedazo de pel por algunha ferida ou corte.

Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna.

Fonte.- Endl Navia de Suarna.

eirada.- (Ademais de significados xa rexistrados) Mancha na pel.

Lugar de escoita.- A península do Morrazo.

Fonte.- Luís Calvo.

encasmao/á.- Dise da persoa que está convalecente na súa casa por un tempo, mais non metida na cama.

Exemplo.- “Estás débil porque levas moito tempo encasmao.”

Lugar de escoita.- O Saviñao (Lugo).

Fonte.- Andrés Lombardía Crespo.

Outros apuntamentos.- Aventura o complilador que puidese devir da fusión de en, cas e mao (en casa malo).

entanguiñido.- Dise dun membro tolleito, con pouca mobilidade, entalado.

Lugar de escoita.- Padrón.

Fonte.- Constantino Prego.

escampabiar (ou escampaviar ) (1).- Conxúgase cando unha persoa perde o sentido. Sinónimo de desvariar.

Lugar de escoita.- Moraña e a súa bisbarra.

Fonte.- Xosé Monteagudo.

gaixolo.- Bocio.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Comentarios