Palabras con memoria: lingua construidora

sven-brandsma-C5SUkYZT7nU-unsplash
photo_camera Foto: Sven Brandsma.

acarochada.- Feito consumado do deterioro da madeira polo paso dos anos.

Exemplo.- "A viga pode vir abaixo, está moi acarochada".

Lugar de escoita.- A Pobra do Brollón.

Fonte.- Orcelina Parada Cortiñas.

cameleiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Onde comen os xatos.

Lugar de escoita.- Moncelos (Abadín).

Fonte.- Sergio Fernández Núñez (escoitado á María, avoa dunha amiga).

Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

coroceiro.- Lugar onde se gardan obxectos ou onde se sobe a colgar a carne. Hórreo.
Lugar de escoita.- San Xoán de Baos (Ribeira de Piquín).

Fonte.- Avoa de Anxo Toimil Santín.

Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

ichó.- (Ademais de significados xa rexistrados) Cuarto pequeno onde se gardan alimentos, a lavadora, etc.

Lugar de escoita.- Vilademouros (O Incio).

Fonte.- María Blanca (avoa de Paula Orozco Díaz).

Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

lancho.- Pedra plana de lousa.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

ripia.- (Ademais de significados xa rexistrados) Táboa de sección triangular da caniceira.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Comentarios