Palabras con memoria: lingua en relacións

Unha parella baila durante nunha verbena durante a proba piloto do pasado día 12. (Foto: Beatriz ciscar / Europa Press).
photo_camera Unha parella baila durante nunha verbena durante a proba piloto do pasado día 12. (Foto: Beatriz ciscar / Europa Press).

andar á cirdeiriña.- Andar ás mozas.

Lugar de escoita.- A zona de Amoeiro (Ourense).

Fonte.- Carlos Manuel Gómez Bóveda.

arrimado/a.- (Ademais de significados xa rexistrados) Parente afín.

Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

donato.- Termo cariñoso entre amigos.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

paxaratear.- Tratar de ligar con moitas voltas e cerimonias.

Exemplo.- “O pobre leva paxareteando toda a tarde e non dá conseguido nada.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Emma Pazos Abalde.

Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

pexegueiro (estar de).- Estar solteiro/a.

Lugar de escoita.- Bueu.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

sá.- (Ademais de significados xa rexistrados) Tronco familiar, proxenie con características comúns que se transmiten de pais a fillos, estirpe.

Exemplo.- “Este neno é cuspidiño ao avó, nótaselle ben que é dos da vosa sá.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Francisco Tilves Guimeráns.

Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

Comentarios