Palabras con Memoria: mostrando os sentimentos

paraia xente arreal verán Europa Press
photo_camera (Foto: Europa Press)

andar á cotrena.- Andar á competencia.

Exemplo.- "Réndelles moito o traballo que fan porque andan á cotrena os dous.”

Lugar de escoita.- Escudeiros - Ramirás (Ourense).

Fonte.- Xoán Carlos Domínguez Alberte.

degoarse.- Desexar algo moi fortemente, degoxar.

Exemplo.- "Degóase pola comida.”

Lugar de escoita.- O Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego.

derada.- Indicativo de que algo se fai de xeito máis fácil ou doado.

Lugar de escoita.- Ferrolterra.

Fonte.- Henrique Dacosta.

gardar o golpe.- Agardar por alguén con quen se quere bater sabendo que vai seguir unha rutina.

Exemplo.- "Se tes que falar coa Carme, gárdalle o golpe cando veña coas vacas.”

Lugar de escoita.- Taboada (Lugo).

Fonte.- Lucas Rigueira Rey.

ourixar.- Abouxar, crispar dos nervios. Ourixo, abouxamento.

Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

quicho.- Enfado duradeiro.

Lugar de escoita.- A Pobra do Brollón e comarca.

Fonte.- Orcelina Parada Cortiñas.

Comentarios