Palabras con memoria: A lingua lembra...

640px-Serra_do_Courel,_Galiza_(Spain)
photo_camera Courel

caleón.- Cacho de cal usado como xiz.

Lugar de escoita.- Baiona.

Fonte.- Informante no Centro de Día de Baiona.

espelma.- Chámase así á cera derretida ou xa fría que cae da vela.

Lugar de escoita.- Bisbarra do Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego.

lamia.- (Ademais de significados xa rexistrados) Peza de ferro que rodeaba a roda do carro para que non se gastase. Ía cravada con chufos para amarrarse a ela.

Exemplo.- "Vai mercar chufos para amarrar as lamias."

Lugar de escoita.- Piñor-Cea.

Fonte.- Antonio Moure Narón.

lindeiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Randeeira.

Lugar de escoita.- Bembibre (Val do Dubra).

Fonte.- Hortensia Vázquez Fraga.

seitoiro.- Rella metálica do arado romano de pau.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

sendia.- Sella.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

trinque.- (Ademais de significados xa rexistrados) Cadea de ferro moi resistente.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Comentarios