chanteado.- Finca pechada con cantos.
Lugar de escoita.- Coeses (Lugo).
Fonte.- Sergio Fernández Núñez (escoitado a Yerai, amigo).
Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.
micholla/o.- Terreo próximo á casa; cortiña, aira, eira.
Lugar de escoita.- San Xoán de Baos. Ribeira de Piquín.
Fonte.- Anxo Toimil Santín.
Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.
noda.- Espazo da costa que queda entre a praia e a onda, que non é terra nin é mar.
Lugar de escoita.- A Mariña luguesa.
Fonte.- Antón Lopo.
rastreira.- (Ademais doutros significados) Ladeira do monte libre de árbores polo que baixa a madeira.
Exemplo.- “Se non queredes dar a volta polo camiño, teredes que subir pola rastreira arriba.”
Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa).
Fonte.- Mario Ferreira.
rilleiro.- (Ademais doutros significados rexistrados) Lugar ou terreo con grande pendente.
Lugar de escoita.- Fiopáns - A Baña (A Coruña).
Fonte.- Pablo Lueiro.