Palabras con memoria: en sociedade

Un grupo de mozas durante a proba piloto de verbenas. (Foto: Beatriz Circar /Europa Press).
photo_camera Un grupo de mozas durante a proba piloto de verbenas. (Foto: Beatriz Circar /Europa Press).

arandelas.- Pezas metálicas redondas con valor oficial de troco económico, moedas, e por extensión diñeiro.

Exemplo.- “Cambia de coche cada ano, debe ter moitas arandelas.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Grupo Maré do Morrazo.

Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

castimonia (de).- (Ademais de significados rexistrados) Dise da herdanza que queda sen repartir entre a descendencia, sen facer as partillas.

Exemplo.- “Esta mera é de Castimonia e non paga a pena mercala.”

Lugar de escoita.- Porqueira (Ourense).

Fonte.- Antón Méndez Gándara.

estar de días.- Estar de aniversario ou de santo.

Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

gabirro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Faladura, leria, díxome-díxome, rexouba.

Exemplo.- “A túa buxaina escarramexa de máis, vancha fender, ponlle un punteiro máis longo.”

Lugar de escoita.- Valongo (Cotobade).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

Outros apuntamentos.- A fonte sinala que adoita pronunciarse con gheada.

ir de boria.- Ir de festa.

Lugar de escoita.- San Vicente - A Baña (A Coruña).

Fonte.- David Campos.

pichi.- Palabra cariñosa dedicada a unha persoa querida.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Comentarios