Palabras con memoria: sementeiras de palabras

[Imaxe: Galipedia] Viñas de albariño
photo_camera [Imaxe: Galipedia] Viñas de albariño

artelexo.- Horta pequena onde se acostuma a plantar cebolas.

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Vanesa Barral Garcia./CPI O Cruce de Cerceda.

cornella.- Dentón, tipo de fungo que ataca os cereais.

Lugar de escoita.- Bembrive (Vigo).

Fonte.- Alba Pérez.

Outros apuntamentos.- Desde a APAMP (Vigo).

fendedeira.- Apeiro para atar as viñas.

Lugar de escoita.- Belesar (Baiona).

Fonte.- Noa Pérez.

Outros apuntamentos.- Alumna de 3º da ESO do CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda en Nigrán.

ichote.- (Ademais de significados coñecidos) Cada unha das divisións que se fan nunha horta por diferentes produtos.

Exemplo.- “Neste ichote teño fabas e no outro de acolá teño coellas.”

Lugar de escoita.- Arbo.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

Mao.- (Ademais de significados xa rexistrados) Chámase así a cada tira na que se partía a terra para a sementeira do pan. Poñíanse uns sinais cravando unhas pallas ou unhas ramas verdes na terra para guiarse e sementar a voleo.

Lugar de escoita.- Bisbarra de Sarria.

Fonte.- María Xosé López Castro.

milincroques.- Planta medicinal (Digitalis pupurea) de vistosas flores campaniformes; dedaleira.

Exemplo.- “As abelhas trabalham muito nos milincroques.”

Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).

Fonte.- Ramiro Barros Justo.

Comentarios