anascote/a (ou anascotiño/a).- (Ademais doutros significados rexistrados) Meu querido/Miña querida, referido ás nenas e nenos.
Lugar de escoita.- San Lázaro (Mondoñedo).
Fonte.- María Celina Cruz Rodríguez.
barrosín/barrosina.- Neno/a que amasa o barro.
Lugar de escoita.- A Fonsagrada.
Fonte.- Pai de Anxo Toimil Santín.
Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.
carruallada.- Xente cativa.
Lugar de escoita.- Zona de Ortegal (A Coruña).
Fonte.- Antonio Yáñez Casal.
miña ghalana/meu ghalán.- Miña rapaza/ meu rapaz; miña pobre/meu pobre.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.
parula/o.- Rapaza/rapaz (con intención laudatoria).
Exemplo.- "A parula está moi guapa hoxe."
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Susana Amadeo Martínez/CPI O Cruce de Cerceda.
pillería.- Substantivo colectivo para designar o conxunto de nenos/as.
Exemplo.- “Prefiro tratar coa pillería que coa xente adulta.”
Lugar de escoita.- Cuntis.
Fonte.- Marcos Seixo.