sábado 08/08/20

Palabras con memoria: Observando a terra

Palabras con memoria: Observando a terra

calangro.- Barranco, acceso difícil.

Lugar de escoita.- Prebello, concello de Navia de Suarna, bisbarra dos Ancares.

Fonte.- Balonga Prebello.

cobranta.- Camiño fondo.

Lugar de escoita.- Nois (A Mariña).

Fonte.- Marcos Candia.

óquele.- Galería horizontal escavada para atopar auga.

Exemplo.- “Escapoume o boi para o óquele e volvinme parvo para sacalo dalí.”

Lugar de escoita.- Arbo.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

repete.- Anaco pequeno de terra.

Exemplo.- "Plantei unhas patacas nun repete a carón do millo."

Lugar de escoita.- Santa Cristina de Fecha (Santiago de Compostela).

Fonte.- Xermán García Cancela.

rueiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Terreo de traballo.

Lugar de escoita.- Camelle.

Fonte.- Sofía.

Outros apuntamentos.- Enviado desde o Centro de Día de Rois.

soédrego.- Sitio húmido e escuro.

Lugar de escoita.- A Mariña luguesa.

Fonte.- Miguel Hernández Viñas.

tornadeira.- Abertura que se fai nun rego para controlar a auga.

Lugar de escoita.- Boiro.

Fonte.- Alumnado do CEIP Praia Xardín (recompilado polo EDLG do Centro).

Outros apuntamentos.- O nome provén do barrio de Viveiro que así se denomina.

comentarios