PALABRAS CON MEMORIA

Palabras con memoria: Como somos!, por Ramiro Torres

Xente camiñando_Youtube
photo_camera Xente camiñando_Youtube

bangalúas.- Vaga/o, preguizosa/o, nugallá/n.

Lugar de escoita.- Pantón e Monforte.

Fonte.- Andrés Lombardía Crespo.

cascarota.- Alguén que é inconsciente, irreflexiva/o, con pouco sentidiño.

Exemplo.- “Aqueles rapaces son uns cascarotas.”

Lugar de escoita.- Beba (Mazaricos).

Fonte.- Manuel Cabada.

chapelear.- Falar moito, trapelear, chachabellar.

Lugar de escoita.- Pastoriza (Lugo).

Fonte.- María Canosa.

Outros apuntamentos.- A avoa da nosa informante sempre di: "Os homes ou son lobos ou son codornos".

correndón/a.- Que anda moito de paseo ou de troula.

Exemplo.- "Non sexas tan correndón e preocúpate polo teu traballo". "Túa irmá, en vez de estudar, sempre anda de correndona."

Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa).

Fonte.- Mario Ferreira.

darse ao cheiro.- Darse importancia, aparentar.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

irse do barbo.- Ter incontinencia verbal, falar máis do que se debe. Descubrir un segredo.

Exemplo.- “Sábeo porque alguén de nós se foi do barbo.”

Lugar de escoita.- Gondomar.

Fonte.- Miguel Anxo Mouriño.

ollo gordo.- Envexa.

Lugar de escoita.- Lugo e bisbarra.

Fonte.- José Simal Gándara.

Comentarios