Palabras con memoria: como che queda o corpo?

agullas.- (Ademais de significados xa rexistrados) Forma usada para referirse aos cabeiros ou caninos humanos.

Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxos Rosales González.

alfafria (como umha).- Muita/o fria/o.

Exemplo.- “Tenho os pés como umha alfafria.”

Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).

Fonte.- Ramiro Barros Justo.

arrebolada/o.- Estar unha persoa tirada nalgunha superficie horizontal en actitude de pasotismo.

Exemplo.- “Nestas vacacións penso pasar os días arrebolada no medio da praia!”

Lugar de escoita.- Boiro.

Fonte.- Andrea Muñiz.

Outros apuntamentos.- Desde a APAMP -Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral- (Vigo).

lubiao.- Pulmón.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

matula.- Os dicionarios recollen esta forma con outros significados, o inédito é: fazula, meixela.

Lugar de escoita.- San Breixo (Monterroso).

Fonte.- Andrés Lombardía Castro.

papuza.- Parte avultada da planta do pé pegada ás dedas.

Lugar de escoita.- Arbo.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

Xena.- (Ademais de significados xa rexistrados) Perilla, chiba, barba.

Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).

Fonte.- Sé Anxos Rosales González.

Comentarios