anoiado/a.- Aparvado/a, sen sentido, sobre todo tras un golpe ou conmoción. Tamén se utiliza para cualificar a quen é pouco espelido/a.
Lugar de escoita.- A bisbarra do Barbanza.
Fonte.- Constantino Prego.
centeira.- Roce nos dentes producido pola froita.
Lugar de escoita.- A Fonsagrada.
Fonte.- Suzana do Páramo.
crocha.- Bostela, costra que se forma na cicatrización dunha ferida.
Lugar de escoita.- Valga.
Fonte.- Fátima Castro Castiñeiras./ C.D. Atalaia (Vigo).
degolada.- (Ademais doutros significados) Persoa que ten unha postura tendente ao descontrol ou lateralizada.
Lugar de escoita.- San Lourenzo de Árbol (Vilalba).
Fonte.- Patricia Díaz Seoane.
Outros apuntamentos.- Centro de Día de Abadín.
furallolo.- Golpe moi forte.
Lugar de escoita.- Sigrás (Cambre).
Fonte.- Borja Vázquez Mejuto.
necha.- (Ademais de significados xa rexistrados) Ferida.
Exemplo.- “Bateu cunha pedra e agora ten unha necha na cabeza.”
Lugar de escoita.- Noia.
Fonte.- Alexis Vilas.
xabata.- Pedazo de pel dunha ferida.
Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna.
Fonte.- Endl Navia de Suarna.