Palabras con memoria: a beleza irá por dentro...

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
A beleza irá por dentro... (Foto: Nós Diario).
photo_camera A beleza irá por dentro... (Foto: Nós Diario).

embriado/a.- 1.-Impedido/a, tolleito/a. 2. Mal feito/a.

Exemplo.- "A avoa ten as pernas embriadas, por iso anda en cadeira de rodas". "Parece mentira que corra tanto con esas pernas embriadas".

Lugar de escoita.- 1.- Zona Eo-Navia. 2.- San Xiao (Corno do Boi)- Toques.Fonte.- Daniel GV e M. Quintela Gómez.

ghosefello.- Peixe raro. Persoa fea.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

macano.- Feo.

Exemplo.- "Era moi macano e porco".

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Susana Amadeo Martínez./CPI O Cruce de Cerceda.

marafallo (1).- Persoa moi fea.

Exemplo.- "Tes unha moza que é un marafallo".

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Grupo Maré do Morrazo.

Outros apuntamentos.- Formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

mazaroco.- (Ademais de significados xa recollidos) Dise en ton despectivo, da persoa que é pequena e mal feita.

Exemplo.- "Maruxa tanto esperou en casar e foi escoller o mozo máis mazaroco da parroquia: pequeno, gordo e mal feito".
Lugar de escoita.- Carbeiral- Bardaos (San Sadurniño).

Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro.

socotroco.- Feo/a.
Exemplo.- "Ese/esa home/muller é un socotroco".
Lugar de escoita.- Carnota.
Fonte.- Miguel Ángel Pérez Álvarez.

Comentarios