Palabras con memoria: animais lingüísticos

bestas do monte comen toxo 2

empegar.- Poñerlle pegas (trabas) ás bestas.

Lugar de escoita.- San Xusto (Lousame).

Fonte.- CPI de Lousame.

empoarse.- (Ademais de significados xa rexistrados) Tirarse o burro ou cabalo ao chan para gañar a cebada.

Exemplo.- “Mira para o burro, está empoándose.”

Lugar de escoita.- Abrodos-San Pantaleón das Viñas (Paderne).

Fonte.- Asunción Álvarez.

endego.- (Pronunciado endegho) Ovo que se lle pon ás galiñas no niño para que poñan alí. Tamén se utiliza en sentido figurado para cualificar a xente delgada e de pequena estatura.

Lugar de escoita.- Friol (Lugo).

Fonte.- Patricia Penelas Devesa.

entepoñer (1).- (Ademais de significados xa rexistrados) Referindose ao gando, ás vacas, sacrificio forzado das mesmas.

Exemplo.- (Nunha casa que houbo que levar catro ao matadoiro): "Tivemos que entepoñer catro vacas".

Lugar de escoita.- Ferreiros de Balboa (Becerreá).

Fonte.- Andrés Lombardía C.

muncir.- Muxir, munguir.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- María Celina Cruz Rodríguez.

topeñar.- (Ademais doutros significados rexistrados) Sopexar: Empurrar o cuxo o ubre da vaca para comezar a mamar.

Lugar de escoita.- Buciños, Carballedo.

Fonte.- Hortensia Vázquez Fraga.

Outros apuntamentos.- A fonte indica que recolleu a palabra de Guadalupe García Álvarez.

Comentarios