Palabras con memoria: animais animados

aguia real

avixote.- Lagarteiro, tecelán, ave de rapina.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

figueiró.- Vichelocrego, ouriolo, nicolao (paxaro).

Lugar de escoita.- Cumiar (Ponteareas).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

garcía.- Golpe, raposo.

Exemplo.- "De noite sempre lle pecho ás galiñas, para que non as leve o garcía.”

Lugar de escoita.- Burela.

Fonte.- Mario Ferreira López.

Outros apuntamentos.- Esta palabra úsabana os mariñeiros, que tiñan prohibido nomear a algúns animais ou persoas a bordo (golpe, cura?) porque daban mala sorte na pesca, así que lles cambiaban os nomes. Logo comezaron a empregarse tamén nas vilas costeiras.

laugarrido.- Ouriolo.

Lugar de escoita.- Vilariño (Agolada).

Fonte.- Contacto de Manuel Cabada.

Outros apuntamentos.- Segundo a fonte, trátase da palabra comunmente usada para se referiren a tal paxaro.

picaboi.- (Ademais de significados xa rexistrados) Lavandeira, gardagandos (paxaro).

Lugar de escoita.- Cabeiras (Arbo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

pupa.- (Ademais de significados xa rexistrados) Caracola mariña.

Lugar de escoita.- Oia.

Fonte.- Alfonso Álvarez Cáccamo.

tastaraño.- Ave rapaz.

Lugar de escoita.- Ínsua (Vilalba).

Fonte.- María Celina Cruz Rodríguez.

Comentarios