Palabras con memoria: o corpo en palabras

cabeza testa

balbarote.- Queixo, queixelo.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

bromos.- Mocos.

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Andrea Lamas Castro/CIP O Cruce de Cerceda.

cocho do can.- Covacha ou oco da caluga, tamén chamado burato da raposa.

Lugar de escoita.- Fiolledo (Salvaterra).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

malletas.- Maniotas.

Lugar de escoita.- Ferreira de Pantón.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

Outros apuntamentos.- O informante indica que escoitou esta expresión á súa avoa.

mentrecha.- Sofraxe, parte posterior do xeonllo.

Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

vinca.- (Ademais de significados xa rexistrados) Marca que deixa a roupa apretada no corpo.

Exemplo.- “Non quero estes calcetíns, que me fan vincas nos pés.”

Lugar de escoita.- Arbo.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

xugueira.- (Ademais de significados xa rexistrados) Caluga.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Comentarios