Palabras con Memoria: Comendo entre palabras

caldo

batarrullo.- Conxunto de ingredientes (carne, cebola, chourizo, etc.) cos que se fai a empanada.

Exemplo.- "Vai preparando o batarrullo para a empanada mentres eu quento o forno."

Lugar de escoita.- Bolmente (Sober).

Fonte.- Ramón Sandoval.

cabezas (do leite).- A tona do leite.

Lugar de escoita.- Lier (Sarria).

Fonte.- María Xosé López Castro.

Outros apuntamentos.- A nai da informante chamáballe así á graxa do leite que queda na superficie cando se deixa en repouso. Con elas facía a manteiga.

faragatos.- Cachelos cocidos desfeitos (faragullas).

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Toño Núñez.

padumo.- Papas mestas.

Lugar de escoita.- Xunqueira de Espadañedo.

Fonte.- Xesús Franco.

Outros apuntamentos.- Indica o informante que a palabra provén da súa nai, que naceu na mencionada localidade ourensá.

pulientas.- Papas de fariña de millo.

Lugar de escoita.- Boal (Asturies).

Fonte.- Begoña Macero.

purgacio.- Chámanse así as castañas que se comen con leite.

Exemplo.- “Sábeo porque alguén de nós se foi do barbo.”

Lugar de escoita.- Pacios da Serra.

Fonte.- María Celina Cruz Rodríguez..

testón.- Comida que se fai na tixola con fariña, auga, ovos, leite e sal. Son delgadas como as filloas e bótaselles azucre por encima cando xa están feitas..

Lugar de escoita.- Lira (Carnota).

Fonte.- Iria Senande Fernández.

Comentarios