arto.- Silveira.
Exemplo: “"Non te arrimes tanto aos artos, se non queres picarte.”
Lugar de escoita.- Boal (Asturies).
Fonte.- Daniel GV.
carrapucha.- (Ademais de significados xa rexistrados) Xesta de pouca altura e moi enramada.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario coulerao.
chorín.- (Ademais de significados xa rexistrados) Chámase así a flor da mimosa.
Lugar de escoita.- O sur de Lugo e outros lugares de Galiza.
Fonte.- Jennifer Fernández.
estalitroques.- Digitalis purpurea. Outras variantes: troques, estalos, militroques.
Exemplo: “Estoupei estalitroques.”
Lugar de escoita.- Santo André de Cesar (Caldas de Reis).
Fonte.- María Cristina Fontenla González.
Outros apuntamentos.- Palabra recollida no Centro de Día de Portas.
estoupallós.- Estoupallón, dixital, dedaleira. Tamén: flor en forma de campaíña, de cor rosa e follas grandes e pilosas.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario coulerao.
ruxideira.- (Ademais de significados xa rexistrados) Papoula.
Lugar de escoita.- Leiro (Ourense).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
sampedra.- (Co “e” pechado) Forma de denominar a ortiga, a estruga.
Exemplo: “Ortighouse ben cunhas sampedras.”
Lugar de escoita.- Feás- Aranga (A Coruña).
Fonte.- José Luís Couceiro Pérez.