Palabas con memoria: lingua de froita ben saborosa

mazás agro

cagote.- (Ademais de significados xa rexistrados) Froita semellante á claudia, pero máis pequena e de pel menos aceda. Hainas vermellas e tamén verdes que amarelean cando madurecen.

Lugar de escoita.- Bembibre (Val do Dubra).

Fonte.- Hortensia Vázquez Fraga.

Outros apuntamentos.- Pronunciación con gheada (caghote). Apunta ademais a fonte que era costume ir roubalas ás hortas por finais de maio.

caladiña.- Mazá do país de tamaño grande e branca. Gárdase moito tempo. É unha boa mazá.

Lugar de escoita.- Santo Adrián de Veiga (Ortigueira).

Fonte.- Avelina Piñón Rodríguez. (X. Ortigueira)

Outros apuntamentos.- Asociación Veciñal de Corme.

ceriguela.- Froitas de carabuña, do tipo da ameixa.

Exemplo.- “Aquela carabuñeira moitos zurullos deu este verao.”

Lugar de escoita.- Trazarís (A Estrada).

Fonte.- Antía Loureiro.

delfina.- Caste de mazá de tamaño medio e forma redondeada, De cor amarela ao madurecer.

Lugar de escoita.- Couzadoiro (Ortigueira).

Fonte.- José Dovale Gómez / (X. Ortigueira).

escallo.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Mazaroca do millo.

Lugar de escoita.- Corme.

Fonte.- Vocabulario cormelán.

Outros apuntamentos.- Asociación Veciñal de Corme.

suterra.- Pataca.

Exemplo.- “Fáiseme tarde para ir apañar as suterras.”

Lugar de escoita.- Pranzais / Peranzanes (Ancares leoneses).

Fonte.- Antonio del Valle Chousa.

Outros apuntamentos.- Sen dúbida procede do Burón, xiria dos ambulantes do val de Fornela, onde o singular sería suterránea, e o plural suterranes.

Comentarios