O Opus traduce ao galego “Santo Rosario” de Escrivá de Balaguer con portada de Castelao

O Opus Dei está a traducir a obra de Escrivá de Balaguer ao galego e vén de publicar o libro “Santo Rosario” con portada de Castelao. 

O Opus Dei vén de facer publico a través dun comunicado remitido en galeo e castelán a publicación da terceira obra de Josemaría Escrivá de Balaguer editada en galego. Con “Santo Rosario” edítase a través da Libraría Follas Novas/Follas Novas Edicións o terceiro título do fundador da obra en galego despois de Edicións Rialp ter publicado Camiño en 1968 con reedición en 1991 e Vía Crucis en 2006. 

Virxe do Portal, de Castelao

O debuxo de Castelao da Virxe do Portal que se conserva no Museo de Pontevedra é a imaxe utilizada para a capa do libro que inclúen tamén imaxes de obras artísticas de igrexas como “A Resurrección” da catedral de Lugo” ou “A Coroación da Virxe” da Ribeira Sacra. 

A Oficina de Información da Delegación en Santiago da Prelatura do Opus Dei destaca a orixe da obra, escrita por Josémaría Escrivá nunha mañá de decembro de 1931 despois de celebrar a Eucaristía cando tiña 29 anos. Do libro publicáronse máis de cen edicións en 25 idiomas. 

Comentarios