ameixa cariña.- Variedade de ameixa negra, pequena.
Lugar de escoita.- Baiona.
Fonte.- Informante no Centro de Día de Baiona.
ariego.- Escarapote, faneca brava.
Exemplo.- “Coidado na praia coa marea baixa porque te pode picar un ariego un pé.”
Lugar de escoita.- Burela.
Fonte.- Burela (Mariña luguesa).
carrapicha.- Variedade de argazo.
Lugar de escoita.- Baiona.
Fonte.- Informante no Centro de Día de Baiona.
gradicela.- (Ademais doutros significados) Estrela de mar.
Lugar de escoita.- O Grove.
Fonte.- David Carballa Fernández.
lingua de ovella.- Variedade de argazo.
Lugar de escoita.- Baiona.
Fonte.- Informante no Centro de Día de Baiona.
xaxa.- Xurelo "francés".
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.