“Nuestra Sra de la Barca”, un ataque en pedra ao galego

A rehabilitación do Santuario da Virxe da Barca non só provocou o descontento da veciñanza, a Mesa denuncia a “intolerábel agresión á nosa lingua” ao incluír a sinalización en pedra do nome traducido ao español. 

Imaxe: Que pasa na Costa
photo_camera Imaxe: Que pasa na Costa

A rehabilitación do Santuario da Virxe da Barca incluíu a incorporación da sinalización co nome do templo traducido ao español. A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o que define como unha nova “agresión” a nosa lingua e esixe á Igrexa Católica a rehabilitación do galego no santuario. 

“Paradoxicamente a primeira en desprezar este lugar de culto e romaxe galego é a igrexa católica deturpando o nome galego e tradicional”, sinalou o presidente da Mesa, Marcos Maceira que denunciou a eliminación da lingua galega na sinalización en pedra do santuario de Muxía aproveitando a súa rehabilitación despois do incendio

.“Non se pode concibir como unha institución que ten ao seu cargo o coidado de grande parte do patrimonio artístico galego, mostre tal desprezo pola lingua propia do país"

“Lamentabelmente non é un acontecemento illado e resulta habitual tanto na cantidade de veces que se reproduce noutros lugares, como na traxectoria histórica da institución relixiosa”, engade Maceira que lembra a proposta da Mesa a Feijóo de vincular as axudas e subvencións públicas ao uso do galego, o que incluiría os cartos que recibe a Igrexa Católica. 

“Non se pode concibir como unha institución que ten ao seu cargo o coidado de grande parte do patrimonio artístico galego, mostre tal desprezo pola lingua propia do país, o seu principal patrimonio colectivo, e mesmo pola legalidade”, afirma Maceira ao tempo que anuncia que se dirixirán á igrexa católica para que repoñan no santuario o nome da Virxe da Barca, “único nome lexítimo, legal e polo que é coñecido”.

Comentarios